top of page
_MG_8001.jpg

Raquel López Noia

 

Licenciada en Xeografía e Historia e Diploma de Estudos Avanzados pola USC.
Arqueóloga, xestora e monitora cultural especializada en temática arqueolóxica e histórica.
Formouse como arqueóloga no seo de grupos de investigación da USC e do CSIC, onde coordinou diferentes proxectos e dirixiu numerosas actuacións arqueolóxicas.


Posteriormente, no sector privado, acadou unha ampla experiencia en proxectos relacionados coa educación, divulgación e difusión do Patrimonio Cultural: deseño de roteiros, montaxe de exposicións, organización de congresos e concertos; deseño e impartición de obradoiros didácticos, visitas guiadas e charlas divulgativas.
 

Conta con diversas publicacións de temática patrominial.
Vinculada a Teatro En Punto dende 2016.

bottom of page