top of page
57d1ef3eef1224b50b68ac422a081fa0.JPG

GLORIA RICO


(Ferrol,1968) licenciada en Filoloxía pola Universidade de Santiago de Compostela.


Ten traballado como actriz en pezas: MUSEO, Matarile Teatro, Cachorros sen
domesticar, Ninguén chorou por nós Miguel Sande,Teatro Bruto; Rosalía de
Ramón Otero Predrayo. Centro Dramático Galego; Agnus Patris de Afonso Becerra
de Becerreá, Lionel. O malestar do benestar, de Manuel Lourenzo. Casa Hamlet
Cambios de destino. Rubén Ruibal. Teatro En Punto En Punto, TEP.


Na dirección participou en pezas como: Animal vacío de Xesús Pisón. Axudante de
Manuel Lourenzo. Casa Hamlet; Vanzetti de Luís Araújo. Axudante de Xulio Lago.
Teatro do Atlántico. Liturxia de Tebas de Manuel Lourenzo. Axudante de Manuel
Lourenzo. Casa Hamlet. Contos troianos de Manuel Lourenzo. Axudante de
Manuel Lourenzo. Casa Hamlet.O arame. (Ópera) de Manuel Lourenzo e Juan
Durán. Axudante de Manuel Lourenzo. Festival Mozart A Coruña. Unha rosa
entre as pernas. Afonso Becerra de Becerreá. Teatro En Punto.9999. Afonso
Becerra de Becerreá. Teatro En Punto.


No audiovisual ten participado como actriz en: Martes de Carnaval, longametraxe
dirixida por Pedro Carvajal; O testamento. Media para televisión de P. Casal;
2000. Mareas Vivas. Video Voz. Dirixido por Emilio McGregor.
Ten publicado Contos troianos. Manuais de Teatro Casa Hamlet, nº 8.
Participante no Grupo de traballo DramaturXa 2018. O grupo de traballo do CDG
coordinado por Manuel Lourenzo.

bottom of page