top of page
Mº porto FITEI 018.jpg

Baseado nas "Dúas Marías " de Compostela.

É un espectáculo que esta compañía xa tivo en pé no 2002 e que retomamos por encargo para presentar a exposición de fotografía de J. Guitián.

 

Unha vez retomado o espectáculo pensamos que ten valores dabondo para voltar ás rúas das diferentes cidades xa que entre outros motivos:

Pon en valor ás mulleres cotiás, visualiza acontecementos silenciados durante anos, serve para dar conta da abundancia de personaxes "populares" reprimidos, maltratados, silenciados que existiron e existen en toda a xeografía.

O feito de que estas dúas mulleres pertenzan a este tipo de colectivos, fai que nas diferentes actuacións que tivemos ao longo da xeografía galega e fóra (Portugal),

o público identifique inmediatamente ao arquetipo de personaxe.

cartel en punto.jpg
bottom of page