fec3cfd6ce68c24a20c2120b2437e896.jpg

Roberto Leal

Nado en Buenos Aires (Arxentina) e afincado en Santiago de Compostela, é actor, director e docente teatral.

Ten traballado en compañías como CDG (Centro Dramático Galego), Matarile, Cia. Daniel Abreu, Voadora, Factoría Teatro, Teatro Da Lúa, Teatro En Punto...Recibe o Premio María Casares de Teatro Galego como actr protagonista pola obra Indignos, Cía. María a Parva.

Neste momento protagoniza O mozo da última fila, de Juan Mayorga, con Redrum Teatro.

 

Intervén en numerosas series da TVG (Televisión de Galicia) As leis de Celavella, Matalobos, Serramoura, Fíos, Pratos Combinados...etc;

Mediaset: Vivir sin Permiso; Producciones de Netflix: Elisa y Marcela de Isabel Coixet,

O sabor das Margaridas de Alex Sampaio  e longametraxes con Isabel Coixet, Xabier Bermúdez, Patricia Ferreira, Paula Cons...

 

Coma Creador, intervencións nos museos Fundación Granell (Santiago de Compostela) e Museo Valle- Inclán (Pobra do Caramiñal).