Sabela Dacal
Profesora de Piano (Superior, 2005, Conservatorio Superior de Música de Santiago de Compostela)
A súa afinidade coa música ábrese aos 6 anos cando comeza a tocar o acordeón cromático. Uns anos máis tarde empeza a estudar piano no Conservatorio de Música Profesional de Ourense, finalizando a titulación en Santiago de Compostela.
Trasládase a Francia para cursar “Fin d´Etudes”, “Supérieur” e “Perfectionnement” na École Nationale de Musique de Bayonne, baixo a tutela de Mme. Françoise Doué (Piano) e Michel Dennis (Música de Cámara). De volta a Galicia segue perfeccionándose facendo cursos de piano, acordeón, zanfona, pandeireta e de pedagoxía musical.
Dende o ano 2002 traballa en diferentes centros de música de Galicia (conservatorios municipais, colexios, escolas infantís, escolas de música e asociacións culturais), colabora en diferentes traballos discográficos como pianista e acordeonista (Kérkennai, anxoblastrío, Magritte, Xestreu, Emilio Rúa, Nowhere, Carapaus, Otero e Romero e Factoría de Subsistencia). Fai tamén colaboracións facendo a música para obras de teatrais (con Sarabela Teatro, Teatro de Adro e Trastes, compañía de variedades)
Na actualidade imparte clases de música en centros de Secundaria e forma parte dos proxectos musicais Nowhere, Otero e Romero, Malvela e Factoría de Subsistencia.